29 de abr. de 2013

24 de abr. de 2013

LIMPEZA DO RÍO DO PORCO

Coidar o medio ambiente é tarefa de todos e todas, adquirir estes valores precisa coherencia e exemplo diario, por iso decidimos voltar ao río do Porco para evitar que todo ese lixo chege ao mar e vaia a parar a Illa do Lixo (podedes ver un video na pestana do proxecto da auga).



 












17 de abr. de 2013

AFUNDE OU ABOIA

Experimentamos con distintos materiais.




 Algúns afundironse ao momento, outros pasado un tempo e outros aboiaron.


 Apareceu un pequeno dilema: Porque tres das pedras que botamos afundiron e unha non?.



Propuxeron hipoteses e decidiron pesalas para saber se tiñan o mesmo peso.


E a balanza demostrou que unha pesa máis que a outra ainda que aparentemente eran iguais.


Sorpresa!, unha delas non era unha pedra.



16 de abr. de 2013

UN CONTACONTOS MOI ESPECIAL

Yago conta os contos moi ben, e hoxe fixo de contacontos para todos e todas. Leeu "Cada gota cuenta".